SLIDER

martes, 16 de abril de 2013

Aproxímase unha das eclipses de lúa máis breves do século

Sucederá o día 25 e é un fenómeno que todos poderemos contemplar sen axuda de ningún instrumento óptico.

O 25 de abril acontecerá a segunda eclipse de Lúa máis breve do século XXI. Será visible en España, así como en toda Europa, Asia,áfrica e Australia, pero non en América. O máximo da eclipse terá lugar ás 22.07, hora peninsular.

É un espectáculo máis que nos ofrece o sempre cambiante Cosmos e ademais é un fenómeno que todos poderemos contemplar sen axuda de ningún instrumento óptico, xa que é visible a simple vista. 
Este ano, España foi agraciada con tres eclipses de Lúa. O 25 de abril, 25 de maio e o do 18 ao 19 de outubro, aínda que ningún deles é unha eclipse total, que produce o máximo escurecemento da Lúa. Existen outros dous tipos de eclipses de Lúa; o parcial e o penumbral (parcial ou total).

Trátase dunha eclipse parcial de Lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario