SLIDER

domingo, 28 de abril de 2013

O Termómetro máis grande do Mundo


O pobo de Baker xa non pode dicir que non sae nos mapas. Esta localidade americana, situada no Estado de California, pode presumir de ter o termómetro máis alto do mundo. Mide 41 metros de alto, e encóntrase no Deserto de Mojave, a 140 km/sur de Las Vegas.

Construído no ano 1991, este termómetro é a grande alegría de Baker. Ao mesmo tempo que lles recorda a tortura que tiveron que vivir hai case un século. E é que o termómetro xigante é unha homenaxe á temperatura máxima que se rexistrou alí, o día 10 de xullo de 1913, que alcanzou un total de 56 graos centígrados. Unha tortura que, esperemos, xa non teñan que volver sufrir ningún dos habitantes actuais. E é que 56 graos é moito, polo que é a maior temperatura rexistrada nunca en toda a historia dos Estados Unidos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario