SLIDER

lunes, 22 de abril de 2013

Unha 'bóla de lume' atravesa o norte de Arxentina e desintégrase sen causar danos


Os habitantes das rexións ao norte de Arxentina divisaron, na madrugada deste luns, unha 'bóla de lume' que, segundo confirmou astrónomos arxentinos, se trata dun meteorito. 
Non obstante, a diferenza da rocha que caeu en Rusia o pasado mes de febreiro, esta teríase desintegrado en contacto coa atmosfera terrestre.

O coordinador da área de Astronomía do Planetario de Bos Aires, Mariano Rivas, explicou a diferentes medio arxentinos que a 'bóla de lume' que se viu dende a Terra é "característica deste fenómeno", ao igual que o asubío e o tremor que sentiron os arxentinos.

Do mesmo modo, o director do Observatorio Astronómico de Santa Fe, Jorge Coghlan, explicou á axencia Ria Novosti, que o meteoro se dirixiu á atmosfera a unha velocidade de 130.000 quilómetros por hora e que cando se encontraba a unha altura de 65 quilómetros "se desintegrou totalmente".

No hay comentarios:

Publicar un comentario