SLIDER

jueves, 4 de abril de 2013

Como saber se es zurdo ou diestro...de ollo

Todos os seres humanos posúen un ollo dominante que presenta maior agudeza visual que o outro, queres saber cal é o teu?

Para saber cal é o ollo dominante debes realizar un sinxelo experimento:

Colócate nunha postura relaxada e ten a vista ben despexada. 
Agora centra a mirada nun obxecto concreto situado a tres ou catro metro de distancia. 
Deseguido estende un brazo e co dedo índice sinala o punto previamente marcado. 

Cos ollos abertos e o dedo apuntando ao obxectivo fixado pola vista, é o momento de saber cal dos dous «manda» no cerebro

Primeiro chisca un ollo e despois fai o mesmo co outro. 

Nunha das dúas accións comprobarás que sen mover o brazo, o dedo xa non sinala o mesmo que antes debido a que o campo visual se desprazou. 
Non obstante, co outro (ollo dominante) manterán a mesma visión que sen pechar ningún.

Podes repetir tantas veces a proba como queiras, pero debes saber que o resultado sempre será o mesmo, da mesma forma que a maior parte das persoas non saben escribir coa man «mala» ou marcar un gol coa perna «menos habitual».

No hay comentarios:

Publicar un comentario