sábado, 19 de julio de 2014
Constrúen a cruz máis pequena da historia: ten só 20 átomos
Mide tan só 5,6 nanómetros cadrados. É un logro importante porque se conseguiu a temperatura ambiente, sen necesidade de traballar en condicións moi frías.
Dende principios dos noventa, os científicos son capaces de construír obxectos e materiais case movendo dun nun os átomos. Coma se fosen as pezas dun «Lego» vertixinosamente pequeno, producen láminas, formas e minúsculos «dispositivos». Fabricar estas estruturas a escala atómica pode parecer un capricho da curiosidade, pero non é só iso. Podería permitir construír sistemas electromecánicos, circuítos lóxicos (a base dos ordenadores) e «discos duros» con incribles capacidades.
Hoxe foi publicado o último avance neste campo. Un grupo de investigadores de Finlandia, Xapón e Suíza conseguiu construír unha cruz suíza de só 20 átomos e unha superficie de 5,6 nanómetros cadrados. Para facerse a unha idea do que é este tamaño, comparar a lonxitude dun brazo da minicruz cun metro, é parecido a comparar a lonxitude dunha tarxeta de crédito co diámetro da Terra (dise que son magnitues da mesma orde, ver comparacións de tamaño aquí).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario