O aceite de oliva de alta calidade é o virxe extra, que se produce sinxelamente mediante o prensado das olivas sen máis tratamento. Este aceite virxe extra ten bastantes vantaxes como fonte das graxas que necesitamos para a nosa dieta. Os seus beneficios como graxa insaturar fronte ás saturadas parece, nos últimos estudos, non demasiado determinante, pero non obstante as súas propiedades antioxidantes si o son. O aceite de oliva contén en doses altas polifenois, que eliminan o exceso de oxidantes (osíxeno atómico, peróxido de nitrito e peróxido de hidróxeno, por exemplo) que queiman as células.
O aceite de oliva virxe extra, tomado con moderación (menos de 30 gramos diarios, que equivalen a 270 kcal) é unha das substancias mellores, na súa interacción con outras, que podemos inxerir. O resto das graxas, sobre todo animais, carecen de moitas das substancias que fan bo ao aceite virxe, aínda que non sexan tan daniñas para a saúde como se pensaba fai, digamos 10 anos. Un bo xamón de porco criado en liberdade comendo landras, leite de vaca ou de ovella criada tamén comendo herba, a graxa dos peixes que creceron en liberdade, se non tantas vantaxes como o aceite de oliva, polo menos daniños non son, e en pequenas doses son beneficiosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario