SLIDER

viernes, 24 de febrero de 2017

Así sería a vida nos exoplanetas recentemente descubertos

É probable que os planetas descubertos dean sempre a mesma cara á súa estrela, como a Lúa á Terra. Isto convérteos en mundos nos que é eternamente de día nun hemisferio e de noite no outro. 
As diferenzas de temperaturas serían brutais e habería unha meteoroloxía dominada por fortes ventos da cara asollada á escura, sinala a NASA nun comunicado. Esta situación pode ser favorable para a vida. "En estudos anteriores descubríronse planetas-ollo, onde existe un gran océano de auga líquida na parte iluminada e xeo no resto da superficie", explica Ignasi Ribas, experto en exoplanetas do Instituto de Ciencias do Espazo (IEEC-CSIC), en Barcelona. Ademais, "a atmosfera permitiría redistribuír a calor e a enerxía que chega da estrela", engade.


En calquera caso, os posibles habitantes destes planetas serían moi diferentes dos da Terra. A luz de Trappist-1 é infravermella, así que, se evolucionou vida, xurdirían ollos capaces de ver no infravermello, follas vermellas para facer fotosíntesis e outras adaptacións. "Os fotóns da estrela teñen moi baixa enerxía, co que o metabolismo destes posibles seres vivos tería que ser moito máis lento que o noso", pero a súa existencia está no posible, opina Caballero. Na Terra, por exemplo, hai bacterioclorofilas que usan luz nunha lonxitude de onda parecida á que emite Trappist-1.


No hay comentarios:

Publicar un comentario