SLIDER

jueves, 23 de febrero de 2017

Un telescopio da NASA descobre un sistema solar con sete planetas como a Terra





Un equipo internacional de astrónomos descubriu un novo sistema solar con sete planetas do tamaño da Terra. Está a uns 40 anos luz de nós, ao redor dunha estrela tenue e fría dun tipo coñecido como "ananas vermellas". Na Vía Láctea, esta clase de astros son moito máis abundantes que as estrelas como o Sol e, recentemente, convertéronse no lugar predilecto para buscar xemelgos terrestres que poderían albergar vida, segundo explicaron os investigadores e responsables da NASA en rolda de prensa.


"A cuestión agora non é se atoparemos un planeta como a Terra, senón cando", aseguraron.


O novo sistema solar orbita ao redor de Trappist-1, un astro do tamaño de Júpiter situado na constelación de Acuario. O ano pasado, un equipo internacional de astrónomos achou tres planetas orbitando ao redor deste astro, con tan só un 8% da masa do Sol. Nun novo estudo publicado hoxe na revista Nature, o mesmo equipo confirma a existencia deses tres mundos e anuncia outros catro. 
Todos teñen un tamaño similar á Terra, pero están moito máis preto da súa débil estrela, o que lles permitiría albergar auga líquida, condición esencial para a vida. Trátase do sistema solar con máis planetas do tamaño da Terra e que poderían conter auga que se achou ata a data, segundo un comunicado do Observatorio Europeo Austral (ESO).

No hay comentarios:

Publicar un comentario