SLIDER

domingo, 26 de febrero de 2017

Descobren catro ras que caben na uña do pulgar



Científicos descubriron na rexión india dos Ghats Occidentais sete novas especies de ras, das que catro son miniaturas de entre 12,2 e 15,4 mm. Estas diminutas criaturas poden sentar comodamente nunha moeda ou na uña do dedo pulgar, e son algunhas das ras coñecidas máis pequenas do mundo.

As novas ras en miniatura habitan a follaxe do bosque húmido ou a vexetación que bordea as charcas. Os científicos sorprendéronse pola abundancia relativa destas especies ata agora descoñecidas nos seus lugares de recolección. «De feito, son localmente abundantes e bastante comúns, pero é probable que se pasaron por alto debido ao seu tamaño extremadamente pequeno, hábitats secretos e as súas chamadas similares ás dos insectos», di Sonali Garg, investigadora da Universidade de Delhi.

O descubrimento de varias especies novas de orixe antiga pode proporcionar información útil sobre a evolución das liñaxes de ras endémicas nos Ghats Occidentais. A última década foi testemuña dun aumento exponencial no número de novas especies de anfibios que se describen nesta rexión. Do total de novas especies, 1.581, que se describen a nivel mundial entre os anos 2006 e 2015, o número máis alto pertence á Mata Atlántica de Brasil (aproximadamente 182), seguida pola rexión dos Ghats Occidentais e Sri Lanka (aproximadamente 159, sendo 103 especies só dos Ghats).

No hay comentarios:

Publicar un comentario