SLIDER

domingo, 26 de febrero de 2017

Hormonas Que Curan e Que Matan - REDES



O noso corpo cada día realiza miles de operacións: come, pensa, deféndese dos axentes nocivos, dorme, camiña,....

Todos estes mecanismos están regulados por uns mensaxeiros químicos que viaxan a través do sangue. Son as hormonas, as encargadas de dirixir moitos procesos automáticos fisiolóxicos.

As hormonas tamén traballan en estreita colaboración co sistema nervioso, e o seu estudo está a desvelar moitas incógnitas. Unha das relacións máis interesantes é a interacción entre hormonas e tensións.

Os humanos convertémonos/convertémosnos nuns primates moi sofisticados psicoloxicamente xa que podemos xerar a mesma resposta de tensión simplemente ao imaxinar unha situación perigosa.


Despois de moitas investigacións pódese chegar á conclusión que ante a ira e ante o pracer, a resposta hormonal do corpo é a mesma. Ou sexa que ante o amor e o odio reaccionamos fisiológicamente de forma idéntica.




No hay comentarios:

Publicar un comentario