Un equipo internacional de investigadores analizou o ADN de restos de nove supostos especímenes do Yeti que se conservan en museos e coleccións privadas, incluídos ósos, dentes, pel, pelo e mesmo feces colleitadas no Himalaya e a meseta tibetana. Entre elas, un anaco de pel da man ou unha garra, parte dunha reliquia monástica, e un fragmento de fémur atopado nunha cova na meseta tibetana.
As mostras foron proporcionadas pola produtora británica Icon Films, que as presentou nun especial sobre as orixes da lenda do Yeti, « Yeti ou non», emitido na cadea Animal Planet en 2016. E as mostras falaron alto e claro: unha resultou ser dun can. As outras oito eran de osos negros asiáticos, osos pardos do Himalaya ou osos pardos tibetanos.
Nin rastro de homes das neves nin de especies descoñecidas para a Ciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario