Por segundo ano consecutivo non houbo mulleres Nobel en ciencias: os sete gañadores do Nobel de Física, Química e Economía que desfilarán o domingo na Sala de Concertos de Estocolmo –a Konserthuset– para recibir medalla e diploma de mans do rei Carlos Gustavo de Suecia son todos homes brancos maiores de 70 anos.
O xoves e adiantándose ás críticas, os laureados en ciencias deron unha rolda de prensa na Real Academia das Ciencias de Suecia en Estocolmo para falar –paradoxalmente– acerca da muller en ciencias: os cambios «son moito máis lentos do que nos gustaría» indicou o Premio Princesa de Asturias 2017 Barry Barish, uns dos tres gañadores en física pola súa achega á detección das ondas gravitacionais...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario