SLIDER

jueves, 28 de diciembre de 2017

Unha ensalada ao día mantería o cerebro 11 anos máis novo


Inxerir unha porción de verduras de folla verde ao día pode axudar a preservar a memoria e as habilidades cognitivas, segundo un estudo realizado por investigadores da Universidade Rush en Chicago. 

O ácido fólico, do grupo B das vitaminas, atópase en grandes cantidades nas verduras de folla verde, como as espinacas, as acelgas ou a leituga. Nun comunicado emitido pola Universidade, que publicou a investigación na prestixiosa revista científica Neurology, a Dra. Martha Clare Morris, epidemióloga nutricional, explica os resultados do estudo e como é posible que a introdución dun hábito tan sinxelo na dieta poida ter tales implicacións para o cerebro: "Agregar unha porción diaria de verduras de folla verde á dieta pode ser unha forma sinxela de axudar a promover a saúde cerebral”, afirma. 

En occidente continúa habendo un forte aumento de persoas con demencia debido ao envellecemento da poboación e a maior esperanza de vida. Por iso, explica a doutora, “necesítanse estratexias eficaces para previr a demencia”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario