A cova dos cristais xigantes é un dos lugares máis fascinantes do planeta. Situada a uns 300 metros de profundidade na mina de Naica, no estado mexicano de Chihuahua, esconde unha paisaxe onírico de grandes bloques de selenita pura que conforman os cristais máis xigantescos do mundo.
Esta burbulla xeolóxica brilla como a Lúa, pero a súa imaxe de conto de fadas ou de mundo de ciencia ficción contrasta coas extremas condicións que encerra: máis de 50 graos de temperatura e un 98% de humidade que fan imposible pasar máis duns minutos no seu interior sen acabar deshidratado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario