SLIDER

lunes, 23 de enero de 2012

Charles Darwin



Charles Darwin é sen dúbida ningunha unha das personalidades que máis representaron para o avance da ciencia na historia da Humanidade, os seus estudos sobre a Evolución e sobre todo, o descubrimento da Selección Natural, marcou o novo rumbo da Bioloxía.

Naceu en ShrewsburyShropshire o 12 de febreiro de 1809 no seo dunha familia acomodada da Inglaterra Vitoriana. "A Orixe das especies por selección natural" púxose á venda o 24 de novembro de 1859, esgotándose ese mesmo día, en xaneiro de 1860 saíu a segunda edición, chegando a seis edicións en vida de Darwin
Dende entón non deixou de editarse sendo traducido a máis de trinta idiomas. A súa publicación constituía unha revolución científica similar ás que causaron GalileoCopérnico e Newton no seu momento, e ademais como Darwin prevía causou unha auténtica conmoción na conservadora sociedade británica do século XIX, que o consideraba como unha herexía. 
Por iso recibiu os máis feroces e insultantes ataques á súa persoa durante o resto da súa vida.

No seguinte vídeo podedes repasar a Teoria da Evolución, según Darwin.




No hay comentarios:

Publicar un comentario