SLIDER

domingo, 15 de enero de 2012

O corazón Humano



A bomba que impulsa continuamente o sangue por todo o noso corpo é o Corazón. Durante o tema estudaremos tanto a sua anatomia como a sua fisioloxía.

A importancia deste órgano pódese resumir nos seguintes datos:
  • Se un corazón adulto se conectase a un camión-cuba cun depósito de 8000 litros, poderíao encher nun só día.
  • O corazón impulsa 80 ml de sangue por latexo.
  • O corazón latexa máis de 30 millóns de veces ao ano e 2000 millóns de veces en toda a vida.
  • O primeiro transplante de corazón realizouno o 3 de decembro de 1967 o cirurxián sudafricano Christian Barnard ao tendeiro Lois Washkansky.
  • A supervivencia máis longa dun corazón transplantado foi de 22 anos, 10 meses e 24 días.
  • Nos fetos, o corazón empézase a contraer a partir do final da 5ª semana.
  • Mentres somos fetos o sangue osixenado chéganos polo cordón umbilical, non dende os pulmóns como acontece cando nacemos. Por iso establécese un curtocircuíto ou shunt que comunica o corazón esquerdo co dereito e fai que o sangue non se bombee aos pulmóns, que mentres tanto están a madurar.
  • Cada día xera unha enerxía suficiente para mover un camión durante 32 quilómetros.
  • Un borboroto de sangue tarda só 15 segundos en ir do brazo á lingua, 13 segundos dunha man á outra e 2 segundos da coxa ao pé.

No hay comentarios:

Publicar un comentario