SLIDER

lunes, 23 de enero de 2012

Descobren nun armario fósiles perdidos de Charles Darwin



Varios fósiles recollidos polo naturalista inglés
Charles Darwin no século XIX, dados por desaparecidos, foron achados nun armario da institución científica British Geological Survey, informa hoxe a BBC.
Trátase de exemplares de madeira fósil recompilados por Darwin durante a súa histórica viaxe co barco "Beagle" en 1834, cando empezou a acuñar a teoría da evolución.

As mostras do científico encontráronse mesturadas con outras datadas tamén de hai máis de 160 anos que foran depositadas no mesmo caixón dun armario situado nos sotos dese centro de ciencias xeolóxicas, na localidade de Keyworth (centro de Inglaterra).

O responsable do achado foi o paleontólogo Howard Falcon-Lang, da Universidade de Londres, quen se decatou do moble...ler máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario