Dentro do Tema 5 estudaremos as teorias que se deron ao longo dos séculos para poder explicar como xurdiu a vida no noso planeta.
O pasado 22 de Agosto de 2011, un grupo de científicos australianos e ingleses, fixeron público o achazgo das bacterias máis antiguas do planeta; datan dende fai 3400 millóns de anos. A investigación, conxunta entre a Universidade de Australia Occidental e da Universidade de Oxford do Reino Unido, realizouse na zona de Strelley Pool, na rexión de Pilbara.
Estes fósiles, achados en bo estado de conservación entre grans de area nunha rocha sedimentaria prehistórica, pertencen a bacterias que necesitan o sulfuro para subsistir.
"Proporcionamos a primeira evidencia de microorganismos que empregan sulfuro no seu metabolismo", sinalou o líder da investigación, David Wacey, da Universidade de Australia Occidental, en declaracións citadas polo Sydney Morning Herald.
Os investigadores utilizaron técnicas moi sofisticadas para...ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario