SLIDER

viernes, 6 de enero de 2012

O volcán Etna entra en erupción



O volcán Etna, situado na illa italiana de Sicilia, volveu entrar en erupción. O xigante expulsou unha columna de cinzas que alcanzou os 5.000 metros sobre o nivel do mar. Trátase do primeiro episodio deste tipo que se rexistra en 2012.

A actividade eruptiva do Etna -a montaña máis alta de Italia no sur da cordilleira do Alpes con 3.322 metros de altura- durou varias horas, segundo informaron os medios de comunicación italianos.

O Instituto Nacional de Xeofísica e Vulcanoloxía italiano rexistrou unha coada de lava arredor das 04.34 horas da madrugada (04.34 hora peninsular española).

A erupción tivo lugar, como vén sendo habitual nas últimas ocasións, nun cráter moi activo do sueste do volcán, e a lava avanzou pola aba do Val do Bove, unha zona desértica.

A nube de cinzas levou a que se decidise limitar o tráfico aéreo no próximo aeroporto de Catania ata as 14.00 hora local (14.00 GMT), aínda que os responsables do aeródromo non esperan graves incidencias no funcionamento deste.

Durante 2011, entrou en erupción en 18 ocasións.

No seguinte enlace podedes ver un vídeo da erupción do 5 de Xaneiro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario