SLIDER

viernes, 6 de enero de 2012

Que é a Mirra?



"E ao entrar na casa, viron o neno coa súa nai María, e prostrándose, adorárono; e abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle presentes: ouro, incenso e mirra," explica o evanxeo de Mateo. Todo o mundo ten unha idea do que son o ouro e o incenso pero, que pasa coa mirra, o terceiro regalo que os Reis Magos levaron ao neno Xesús?

Trátase dunha resina aromática que exsuda a Commiphora myrrha, unha árbore que de forma natural crece ao nordés de África, en Arabia e Turquía. De sabor moi amargo, a mirra foi un ben moi prezado na antigüidade, xa que se empregaba para elaborar perfumes e ungüentos. Esta substancia tamén ten numerosas propiedades medicinais e usábase para tratar a rouquén, a disentería e como antiparasitaria. Ademais, Dioscórides tamén menciona no seu tratado "De Materia Médica" as propiedades abortivas da mirra. De forma frecuente esta resina era utilizada tamén como ungüento para embalsamar os mortos.

Aínda que non sabe con exactitude o significado deste regalo, algunhas hipóteses apuntan a que o seu sabor anunciaba profeticamente momentos moi amargos na vida do Mesías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario