Pode unha gota de auga ser cortada pola metade?
Parece un efecto de ordenador nunha película de ciencia ficción ou unha intervención divina -aí estaba Moisés abrindo os mares-, pero é posible. Só fai falta o coitelo axeitado. E existe.
Un equipo da Universidade Estatal de Arizona demostrou que un coitelo superhidrófobo pode separar unha gota de auga en dous limpamente, como quen corta un filete pola metade.
Os materiais superhidrófobos son extremadamente resistentes á auga, que cae sobre estas superficies en forma de bóla, sen mollar.
Os investigadores colocaron unha gota de auga sobre unha superficie hidrófoba de Teflon, o material illante do que están feitos dende as tixolas e as potas que temos na cociña ata os revestimentos de avións, foguetes e naves espaciais. Despois, fabricaron os coitelos con polietileno e cinc. Tratáronos con nitrato de prata e unha solución superhidrófoba chamada HDFT.
Se picas na foto poderás ver o vídeo do experimento. Moi curioso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario