Pero non pasou desapercibido para os científicos: foi un grande acontecemento na historia da Terra, algo excepcional, porque eses sismos se deberon a un proceso de fractura dunha das grandes placas tectónicas (a Indoaustraliana) que forman a codia terrestre.
En realidade, o terremoto de 8.7 respondeu a catro fracturas no interior da placa, tres delas paralelas entre si e unha cuarta perpendicular a elas, formando no seu conxunto unha falla en chanzo.
En realidade, o terremoto de 8.7 respondeu a catro fracturas no interior da placa, tres delas paralelas entre si e unha cuarta perpendicular a elas, formando no seu conxunto unha falla en chanzo.
O proceso durou dous minutos e 40 segundos e foi seguido dúas horas despois por outro terremoto de magnitude 8.2.
A zona de rotura situouse a uns centenares de quilómetros da costa occidental de Sumatra e en pleno mar. Rompeu o fondo do océano. Os terremotos deron lugar ao que os expertos denominan esgazaduras de placa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario