SLIDER

martes, 9 de octubre de 2012

Un salto estratosférico para romper a barreira do son


O austríaco Felix Baumgartner buscará un novo fito este martes, cando salte dende 36.576 metros de altura nunha cápsula presurizada para intentar romper a barreira do son sen axuda mecánica, algo que ninguén logrou. 

A aventura, prevista en principio para as 14.30 (hora peninsular española), tivo que atrasarse polo menos ata as 19.30 horas debido ao mal tempo. 
A esa hora o deportista introducirase na cápsula e viaxará durante unhas tres horas nun globo de helio ata a estratosfera, dende onde se lanzará ao baleiro. 

O acontecemento será retransmitido por 150 televisións de todo o mundo, entre elas a española Teledeporte, e pode seguirse tamén en directo en YouTube.

NOTA: Ás 20:00 h a aventura foi finalmente posposta para mañá...(PICA AQUÍ)

No hay comentarios:

Publicar un comentario