A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo.
O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.
Un Glaciar consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.
Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.
Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.
En 4º de ESO estudamos o relevo que orixinan estes enormes "rios de xeo". Para que vos fagades unha idea déixovos dous vídeos:
No primeiro amósanos o estudo dun glaciar da cordilleira dos Andes, e toda a información que se pode sacar do estudio.
No segundo vídeo, veremos o desprendemento de enormes fragmentos de xeo do glaciar PERITO MORENO en Arxentina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario