SLIDER

jueves, 18 de octubre de 2012

O modelado Kárstico

En xeoloxía estamos a estudar os distintos relevos que orixinan os principais factores climáticos. Un tipo é o Modelado Kárstico

Un carso (Karst) prodúcese por disolución indirecta do carbonato cálcico das rochas calcarias debido á acción de augas lixeramente ácidas. A auga acidifícase cando se enriquece en dióxido de carbono, por exemplo cando atravesa un solo, e reacciona co carbonato formando bicarbonato, que é moi solúbel. 
Hai outro tipo de rochas, as evaporitas, como por exemplo o xeso, que se disolven sen necesidade de augas ácidas. 
As augas superficiais e subterráneas van disolvendo a rocha e creando galerías e covas que, por afundimento parcial, forman dolinas e, por afundimiento total, forman canóns.

Para ver a explicación con imaxes podedes ver este vídeo...


No hay comentarios:

Publicar un comentario