SLIDER

sábado, 13 de octubre de 2012

Naica - A Gruta dos Cristais Xigantes

Ao longo do segundo tema de Xeoloxía, estudaremos os relevos mais caracteristicos da superficie terrestre; pero no seu interior agóchanse formacións rocosas espectaculares como é a Gruta dos Cristais Xigantes, en Naica (México)

Descuberta en 2000, na que se encontran enormes cristais de selenita de ata 10 metros de lonxitude e un metro de ancho. Foi descuberta accidentalmente cando se exploraban as minas en busca de minerais como chumbo principalmente. 
A cova dos cristais é única no mundo e a súa aparición é temporal xa que durante millóns de anos se formou con axuda de auga que temporalmente ten sida drenada por un sistema especial, e este deixará de funcionar cando se remate de explotar as minas, nese momento a cova dos cristais volverá ser cuberta pola auga e continuará co seu crecemento. 

Cabe mencionar que se encontra a 300 metros de profundidade aproximadamente e a unha temperatura moi elevada de 50°C e moita humidade e para a súa exploración foi necesario un grande esforzo tanto tecnolóxico coma persoal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario