SLIDER

lunes, 30 de junio de 2014

A evolución dos neandertales foi como Xogo de Tronos


Vinte anos despois das primeiras publicacións sobre os humanos de Atapuerca, o equipo de Juan Luis Arsuaga publica en Science unha ampla análise sobre os seus achados na Sima dos Ósos. A conclusión é que os neandertales evolucionaron dun xeito moi diferente a como se pensaba e que houbo moitas liñaxes competindo polo mesmo territorio.

O que empezou sendo o estudo dun pequeno grupo de humanos na Sima dos Ósos rematou cambiando a historia da evolución dosneandertales. Dúas décadas despois das primeiras publicacións, o equipo de investigadores de Atapuerca, coordinados por Juan Luis Arsuaga, xuntou todas as pezas e publica as conclusións nun amplo artigo de investigación da revista Science. "É un pouco como o remate de todo o que fixemos", recoñece o investigador a Next. "A síntese 21 anos despois de publicar o estudo dos tres primeiros cranios".

María Martinón, investigadora do CENIEH, leva traballado no depósito de Atapuerca dende que se produciron os primeiros grandes achados, alá polos anos 90. Entón, recorda, a teoría era clara: aqueles homes que aparecían por Europa cunha antigüidade de preto de medio millón de anos eran as poboacións que logo ían dar lugar gradualmente ao neandertal. Pero despois de analizar os datos durante dúas décadas, asegura, "o conto cambiou completamente". "E en contra do que a xente cree", engade, "o bonito en ciencia non é ver que tes razón, senón todo o contrario, o máis apaixonante é encontrarte con que as cousas non eran como ti crías".

No hay comentarios:

Publicar un comentario