SLIDER

martes, 24 de junio de 2014

Lixeiro como o fume e 10.000 veces máis ríxido




É tan lixeiro como o fume pero 10.000 veces máis ríxido. Trátase dun «aeroxel» que ten un «enreixado» interno que lle dá resistencia. Podería usarse en avións, naves espaciais e coches.
Iso é o que uns investigadores do MIT (Instituto de Tecnoloxía deMassachusetts) conseguiron crear. E non foi precisamente sinxelo. Nin barato. E é que, tal como publicaron na revista «Science», usaron a luz para «tallar» a micro-arquitectura dun material co fin de construír unha estrutura estable, resistente e lixeira.

«Os nosos materiais sometidos ao proceso da micro-arquitectura teñen propiedades que dependen do seu deseño xeométrico, non á súa composición química», explicou o enxeñeiro Chris Spadaccini, un dos participantes nunha investigación financiada entre outros poloDARPA (Departamento de Investigación Avanzada de Defensa en EUA). E o resultado é un material lixeiro quepuede soportar unha carga de polo menos 160.000 veces o seu propio peso, segundo o director da investigación, Xiaoyu «Rayne» Zheng.

No hay comentarios:

Publicar un comentario