SLIDER

viernes, 27 de junio de 2014

Por que os raios ultravioleta non esnaquizan o noso ADN?

Chámase «resposta de relaxación» e acaba de ser descuberta por investigadores estadounidenses.


O experimento levouse a cabo no Acelerador SLAC do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e centrouse na timina, un dos catro constituíntes básicos do ADN. Os investigadores bombardearon a timina cun breve pulso de luz ultravioleta ao mesmo tempo que utilizaban un láser de raios X para observar a súa resposta ante a agresión. O resultado foi sorprendente. Un enlace molecular estirouse e rompeuse dentro das primeiras 200 trillonésimas de segundo, o que desencadeou unha ondada de vibracións que disipou ao instante a destrutiva enerxía ultravioleta, volvéndoa inofensiva.

Os raios X mediron esta resposta de forma indirecta, eliminando algúns dos electróns máis internos dos átomos da molécula de timina. O cal deu lugar a un proceso chamado, "emisión electrónica de Auger" que, en última instancia, remata por expulsar a outros electróns das súas órbitas. Os electróns expulsados dos seus átomos voan ata o detector, levando consigo información sobre a natureza e o estado dos átomos dos que proceden.

Comparando despois as velocidades dos electróns expulsados antes e despois de bombardear a timina con raios ultravioleta, os investigadores foron capaces de determinar con precisión os rápidos cambios que se producían en cada enlace osíxeno-carbono. Eses enlaces estirábanse cando eran alcanzados polo bombardeo ultravioleta e, apenas 200 trillonésimas de segundo despois, provocaban vibracións que duraban algunhas mil millonésimas de segundo. O tempo necesario para desactivar os efectos nocivos do bombardeo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario