SLIDER

domingo, 29 de junio de 2014

Físicos españois logran unha computación cuántica libre de erros


Os ordenadores actuais, os que todos coñecemos e moitos temos na casa, traballan segundo as leis clásicas de ceros e uns para devolvernos información en forma de números, textos ou calquera cousa que lle pedísemos. Un ordenador cuántico fará o mesmo no futuro, pero en vez de ceros e uns seguirá as regras da física cuántica, o que lle permitirá unha potencia infinitamente maior para resolver cálculos complexos. Distintos equipos científicos traballan en todo o mundo para facer realidade estas máquinas. E un deles, formado por un grupo de físicos españois e austríacos, conseguiu, por primeira vez, realizar computacións cuánticas libres de erros. «O noso experimento é un fito histórico», asegura a ABC Miguel Ángel Martín-Delgado, investigador do Departamento de Física Teórica I da Universidade Complutense de Madrid. O estudo aparecerá publicado nos próximos días na revista Science.

Ver a vídeo-noticia, pica AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario