SLIDER

miércoles, 25 de junio de 2014

A exposición crónica á radiación ultravioleta provoca en ratos a liberación de endorfinas


Ninguén pode negar que un día soleado inspira máis enerxía e motivación que esas desapracibles xornadas grises, de chuvia incesante. Probablemente, moitos non reparasen en buscar a explicación a este fenómeno. Un estudo da Escola Médica de Harvard (EUA) revela que a exposición crónica á radiación ultravioleta (UV) provoca en ratos a liberación de endorfinas (coñecidas como hormonas do benestar). O achado demostra que a adicción ao sol comparte a mesma vía hormonal que a do consumo de heroína. O devandito mecanismo é responsable de paliar a dor mediante a activación dos receptores opioides.

Un equipo de investigadores estudou como reaccionaban os roedores á exposición do sol. Para iso, primeiro afeitaron os animais para garantir unha total penetración dos raios na súa pel. Escindíronos en dous grupos; os que se expoñían á luz UV e os que non. Unha semana despois o nivel de endorfinas no torrente sanguíneo aumentara só naqueles que «tomaron o sol».

No hay comentarios:

Publicar un comentario