SLIDER

lunes, 7 de noviembre de 2011

Alimentos Transxénicos



Os alimentos sometidos a enxeñaría xenética ou alimentos transxénicos son aqueles que foron producidos a partir dun organismo modificado xeneticamente mediante enxeñaría xenética. 
A pregunta máis importante que debemos fecernos, é si ese alimentos son SEGUROS. As dúas Organizacións Mundiais máis importantes, xe se pronuncionaron:

A Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO) di ao respecto:
Ata a data, os países nos que se introduciron cultivos transxénicos nos campos non observaron danos notables para a saúde ou o medio. Ademais, os granxeiros usan menos pesticidas ou pesticidas menos tóxicos, reducindo así a contaminación das subministracións de auga e os danos sobre a saúde dos traballadores, permitindo tamén a volta aos campos dos insectos benéficos. Algunhas das preocupacións relacionadas co fluxo de xenes e a resistencia de pragas abordáronse grazas a novas técnicas de enxeñaría xenética.
Non obstante, que non se observasen efectos negativos significa que non poidan suceder. Os científicos piden unha prudente valoración caso a caso de cada produto ou proceso antes da súa difusión, para afrontar as preocupacións lexítimas de seguridade.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) di ao respecto:
Os diferentes organismos OGM (organismo xeneticamente modificados) inclúen xenes diferentes inseridos en formas diferentes. Isto significa que cada alimento GM (xeneticamente modificado) e a súa inocuidade deben ser avaliados individualmente, e que non é posible facer afirmacións xerais sobre a inocuidade de todos os alimentos GM. Os alimentos GM actualmente dispoñibles no mercado internacional pasaron as avaliacións de risco e non é probable que presenten riscos para a saúde humana. Ademais, non se demostraron efectos sobre a saúde humana como resultado do consumo dos devanditos alimentos pola poboación xeral nos países onde foron aprobados. O uso continuo de avaliacións de risco segundo os principios do Codex e, onde corresponda, incluíndo a monitorización post comercialización, debe formar a base para avaliar a inocuidade dos alimentos GM.

No hay comentarios:

Publicar un comentario