SLIDER

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Saída Cultural...Exposición Fotográfica de Lee Miller



Desprazarémonos ata o Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, onde o dia 21 de Novembro (Luns) realizaremos unha visita guiada a unha exposición da lendaria fotógrafa Lee Miller.

A mostra recolle fotos en branco e negro da etapa desta artista en París. Moitas das instantáneas atribuíronse, nun principio, erroneamente a
 Man Ray. Trátase dun percorrido pola historia do século XX que non deixará indiferente a ningún espectador. A través de 96 fotografías realizadas pola fotógrafa norteamericana pódese percorrer parte da historia do pasado século.

Exposición retrospectiva que recolle todas as etapas da fotógrafa americana, dende o período surrealista, aos retratos de famosos artistas da época -Picasso, Miró, Man Ray- así como as fotografías tomadas durante a Segunda Guerra Mundial, na súa etapa en Exipto ou no mundo da moda.

A visita será guiada e o finalizala, faranse unha serie de propostas didácticas.

Se pinchades na foto da cabeceira, poderedes ver un vídeo onde se repasan as fotografias mais representativas desta artista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario