SLIDER

domingo, 6 de noviembre de 2011

Por que flotan os Icebergs?

A resposta está na Densidade (Tema 2 Química 3º ESO) tanto da auga do mar coma do xeo. Os icebergs flotan na auga porque a densidade do xeo (que é de 900 Kg/m3) é máis baixa que a da auga de mar (arredor 1025 Kg/m3). Segundo estes cálculos, aproximadamente 7/8 de masa dun iceberg está por debaixo da auga.



Iceberg B15 - Foto: NASA




O MAIOR ICEBERG DO MUNDO: B-15, ese foi o nome que puxeron ao maior iceberg do mundo. Nun primeiro momento tiña unha superficie 11.000 km², máis grande que a illa de Xamaica. O bloque esgazouse da Barreira de xeo de Ross,na Antárdida, unha xigantesca extensión de xeo do tamaño de España, de varios centos de metros de espesor, e do que "só" frota o 10% sobre a auga, o resto permanece mergullado.


B-15 rompeuse en varios anacos entre os anos 2002 e 2003, dos cales o maior era B-15A e pasaría á historia como o maior obxecto á deriva con 3.000 km².

Durante os meses seguintes foi perdendo masa, ata que en 2005 impactou coa Barreira Drygalski, a cal se fragmentou debido á colisión.

Algúns dos anacos que se foron afastando de B-15A foron máis tarde avistados a 60 km da costa de Timaru, Nova Zelandia. Un deles sobresaía máis de 37 metros sobre o océano.

No seguinte vídeo recóllese a formación e evolución deste xigantesco iceberg.



No hay comentarios:

Publicar un comentario