SLIDER

jueves, 17 de noviembre de 2011

Por que nos salen pecas?


Como poderás comprobar, as persoas que teñen
pecas ou melasmas, son as que teñen a pel moi branca, sobre todo dáse nas persoas que son louras ou ruivo/as (pelirroj@s).
A predisposición a que se desenvolvan pecas nunha persoa, ditamínao a
xenética, ou sexa que é algo que herdamos.

As células encargadas de dar cor á nosa pel, ao estar expostos aos
raios ultravioleta (o sol), non son capaces de distribuír de xeito igual en todo o corpo a cor na pel clara, e é nese momento cando aparecen as manchiñas que chamamos pecas.

A idade nas que poden aparecer é, dende que somos bebés ata os 15 anos aproximadamente, é máis común que aparezan nas mulleres máis ca nos homes. 

As zonas nas que adoitan saír son na cara, nos ombreiros, nas costas, o peito e os brazos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario