Iniciamos esta semana unha Campaña Solidaria no Colexio, para a recollida de tapóns de plástico co fin de sufragar os gastos médicos dunha operación que precisa unha nena Aragonesa. Para devolverlle o sorriso a Aitana, de 9 anos da localidade de Tarazona (Zaragoza) que sofre unha cardiopatía conxénita.
Para recadar fondos para financiar a complicada operación á que ten que someterse no Children's Hospital de Boston, a súa familia leva varios meses coa campaña 'Tapóns solidarios' a través da web www.unasonrisaparaaitana.org, na que chama a todos a sumarse á colaboración.
Con seis cateterismos dende que naceu, o caso de Aitana estudouse en congresos internacionais de medicina en busca dunha solución. Polo momento, a única solución pasa por un dobre transplante de pulmón e corazón a cargo do doutor Pedro del Nido.
Dende aquí quero animarvos a partcipar, recollendo todo tipo de tapóns de plástico, tanto do deterxente da lavadora, coma das botellas de auga. Tamén valen tápóns de plástico dos pulverizadores e en xeral calquera obxecto de plástico que non ocupe moito volume, sobre todo por temas de transporte.
Campaña Solidaria (Vídeo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario