Ao ser humano faltáballe alcanzar unha xesta na Antártida. Hoxe cúmprese un século dende que o explorador Roald Amundsen fixese historia para Noruega (e o mundo).
Hoxe hai 100 anos que o noruegués Roald Amundsen cravaba a bandeira do seu país a 90 graos latitude sur, o centro xeográfico do inmenso continente xeado, a Antártida. Amundsen culminara así case dous meses de ruta e, paradoxos do destino, dera a volta a un sono de infancia. "Levo toda a miña vida soñando con conquistar o Polo Norte e téñome aquí, hoxe neste día, conquistando o Polo Sur", afirmou.
Máis dun mes despois, o 17 de xaneiro de 1912, chegaría o británico Robert Falcon Scott, que xunto aos seus homes morrería no camiño de volta. "Fóra, diante da porta da tenda, toda a paisaxe é unha terrible cifra, resistiremos ata o final, a morte xa non pode estar demasiado lonxe: é unha pena, pero non creo poder seguir escribindo. Polo amor de Deus, coidade das nosas familias... " escribía no seu diario o capitán Scott.

De ESQUERDA a DEREITA De pé: Oates, Scott e Wilson Sentados: Bowers e Evans |
No seguinte vídeo (Pincha aquí) podedes ver unha homenaxe ao capitán Robert Falcon Scott e os seus compañeiros (Oates, Bowers, Wilson e Evans).
No hay comentarios:
Publicar un comentario