SLIDER

domingo, 4 de diciembre de 2011

Por que movemos os brazos ao camiñar?



Resposta: Fai que camiñar sexa máis doado e eficiente.

O típico movemento de oscilación dos brazos desconcertaba os científicos, xa que non tiña ningunha utilidade evidente, o que fixo algúns investigadores suxerir que era unha reliquia evolutiva con pouco ou ningún propósito, herdada de antecesores que andaban en catro patas.

Non obstante, un equipo de investigadores da Universidade de Michigan, en EEUU, e a Universidade de Tecnoloxía deDelft, en Holanda, decidiron determinar exactamente que conseguía mover ou non os brazos ao camiñar.

Os investigadores descubriron que manter os brazos quietos mentres se camiña require un 12 por cento máis de enerxía metabólica que se se moven.

Os achados foron publicados en Proceedings of the Royal Society B, a revista de investigación biolóxica da Royal Society.

Mover os brazos tamén contrarresta o movemento de xiro ou «rosca» que crea o corpo ao mover as pernas por un camiño recto e suaviza o movemento de andar, reducindo o gasto de enerxía dos músculos das pernas.

«Máis que unha reliquia das necesidades de mobilidade dos nosos antecesores cuadrúpedes, o balanceo do brazo é unha parte integral da economía enerxética do andar humano», indicaron os expertos no seu informe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario