Nos alvéolos realízase o intercambio de gases (O2 e CO2) entre o aire que hai no interior dos alvéolos e o sangue que circula polos capilares sanguíneos. O intercambio de gases acontece mediante un proceso físico chamado difusión, que consiste en que as moléculas se desprazan dende onde hai máis concentración onde hai menos.
O osíxeno é transportado no sangue por unha molécula moi coñecida, a hemoglobina, de intensa cor vermella. Nela hai ferro e é a el ao que se une o osíxeno. A hemoglobina está dentro dos glóbulos vermellos ou hemacias.
O dióxido de carbono transpórtase disolto no plasma sanguíneo (a parte líquida do sangue).
No seguinte vídeo podedes ver unha explicación detallada do proceso ao completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario