SLIDER

jueves, 15 de diciembre de 2011

Expedición Acciona Antártida 2011



Comeza a Expedición Acciona Antártida 2011, un percorrido de máis de 3.500 quilómetros para alcanzar o Polo Sur a bordo dun trineo movido polo vento, con cero emisións. O concepto, inspirado en técnicas empregadas polos inuit (tribu esquimó), foi ideado e desenvolvido por Ramón Larramendi.
Nesta viaxe, os alpinistas pretenden probar un novo prototipo con capacidade para catro pasaxeiros e maior eficiencia térmica e enerxética. Ademais, acurtarán a duración da viaxe, con xornadas de 24 horas de navegación ininterrompida. O obxectivo, sentar as bases tecnolóxicas e loxísticas para o desenvolvemento dun programa de investigación científica estable na Antártida Oriental, unha zona practicamente inaccesible a vehículos convencionais. Ademais, o equipo persegue un cambio de actitude, mediante o uso de tecnoloxías ecoeficientes e que prescinden totalmente do uso de combustibles fósiles.

O proxecto enmárcase dentro do centenario das viaxes de Amundsen e Scott, que alcanzaron o Polo Sur por primeira vez na historia. Durante este ano daranse cita na Antártida numerosas expedicións de tipo científico e deportivo para celebrar o acontecemento.

Vídeo Promocional



No hay comentarios:

Publicar un comentario