SLIDER

viernes, 2 de diciembre de 2011

Día Internacional da SIDA



O Xoves 1 de decembro celebrouse o Día Internacional da Loita contra a SIDA

Ésta é unha enfermidade que afecta aos humanos infectados polo VIH. Dise que unha persoa padece de sida cando o seu organismo, debido á inmunodeficiencia provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune axeitada contra as infeccións.

Cabe destacar a diferenza entre estar infectado polo VIH e padecer de sida. Unha persoa infectada polo VIH é seropositiva e pasa a desenvolver un cadro de sida cando o seu nivel de linfocitos T CD4, células que ataca o virus, descende por debaixo de 200 células por mililitro de sangue. 
O VIH transmítese a través dos seguintes fluídos corporais: sangue, seme, secrecións vaxinais e leite materna.

A era da sida empezou oficialmente o 5 de xuño de 1981, cando os CDC (Centros para o Control e Prevención de Enfermidades) de Estados Unidos convocou unha conferencia de prensa onde describiu cinco casos de pneumonía por Pneumocystis Carinii en Los Ángeles. Ao mes seguinte constatáronse varios casos de sarcoma de Kaposi, un tipo de cancro de pel. As primeiras constatacións destes casos foron realizadas polo Dr. Michael Gottlieb de San Francisco.

No seguinte enlace, podedes ver as respostas ás 10 preguntas máis habituais sobre a SIDA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario