SLIDER

domingo, 4 de diciembre de 2011

Foto do Día



FOTO NASA: TORMENTA SOLAR

Unha tormenta solar é unha explosión violenta na atmosfera do Sol cunha enerxía equivalente a millóns de bombas de hidróxeno. As tormentas solares teñen lugar na coroa e a cromosfera solar, quentando o gas a decenas de millóns de graos e acelerando os electróns, protóns e ións pesados a velocidades próximas á luz. Producen radiación electromagnética en todas as lonxitudes de onda do espectro, dende sinais de raio ata raios gamma. As emisións das tormentas solares son perigosas para os satélites en órbita, misións espaciais, sistemas de comunicación e a rede de subministración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario