Foise co vento. Gran parte da factura da calefacción das nosas vivendas pérdese no aire por un mal illamento térmico. En Europa, preocupa este desfilfarro, que ten custos económicos e medioambientais. Así que a UE e o Goberno de España financian un gran estudo para coñecer o alcance da perda enerxética.
Enxeñeiros da Universidade de Vigo traballan xunto a Universidade de Salamanca e a empresa privada para facer un retrato do país. Para iso, empregan “drons” e cámaras de alta tecnoloxía. Cando rematen teremos un espectacular retrato en 3-D do Principio da Conservación da Enerxía: Nin se crea nin se destrúe… só se despilfarra.
No proxecto Ensmart converxen os esforzos de investigadores das universidades de Vigo eSalamanca, a spin-off da Universidade de Vigo Enxeñaría Insitu e as empresas Marsan eDinsa, esta última coordinadora da iniciativa. As cinco entidades están a traballar no deseño dun mapa enerxético en tres dimensións das zonas urbanas de España que achegará datos sobre a cualificación enerxética dos edificios para poder mellorar a súa eficiencia...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario