SLIDER

jueves, 6 de febrero de 2014

Sistema Endócrino

O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas

O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcions metabólicas do organismo; entre elas destacan:
  • Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
  • Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células.
  • Regular o equilibrio (homeostase) do organismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario