jueves, 13 de febrero de 2014
A intelixencia está nos xenes?
Que pesa máis na intelixencia, os xenes ou os factores ambientais? Son as dúas principais opcións sobre as que os científicos se debaten. E, agora, os partidarios da primeira teñen un argumento máis: investigadores do Instituto de Psiquiatría do King's College de Londres identificaron por primeira vez un xene que parece intimamente ligado á intelixencia.
Trátase do xene NPTN, que afecta indirectamente á comunicación entre as células cerebrais a través da codificación dunha proteína que actúa no proceso e que tamén pode controlar a formación da codia cerebral, a capa máis externa do cerebro humano, coñecida como «materia gris» e cuxo espesor está relacionado coa capacidade intelectual.
O estudo, que analizou mostras de ADN, resonancias magnéticas e test de intelixencia de 1.583 mozos sans de 14 anos, mostrou que os adolescentes cuxo xene NPTN mostraba un alto rendemento tiveron un mellor desempeño nas probas de intelixencia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario