Unha familia que recollía cunchas pola praia de Howden, no sur da localidade de Hobart, en Tasmania (Australia), descubriu algo inesperado na beira. Unha capa branca e pegañenta estendíase sobre as pedras como unha gran mancha irregular.
Para a súa sorpresa, tratábase dunha augamar xigantesca de 1,5 metros de lonxitude varado bandullo arriba que, segundo os científicos que a están a analizar, podería ser unha especie nova para a ciencia.
Segundo publica ABC News, científicos do CSIRO, a axencia pública australiana para o desenvolvemento da ciencia, aseguraron que a especie se vira antes, pero que aínda non fora clasificada tecnicamente polos investigadores. «É unha desas cousas que realmente nos fan enfrontar o feito de que hai cousas das que non sabemos na natureza, particularmente nos océanos,» afirma Lisa-Ann Gershwin, científica de CSIRO á radio local ABC.

No hay comentarios:
Publicar un comentario