SLIDER

miércoles, 19 de febrero de 2014

Tema 6 Bioloxía 3º ESO: Os órganos Efectores e os Sentidos

Os sentidos son o mecanismo fisiolóxico da percepción, e permiten percibir o que está a noso arredor, así como determinados estados internos do organismo. Aínda que tradicionalmente se falaba de cinco sentidos, hoxe en día distínguense máis, se ben os investigadores non se poñen totalmente de acordo en canto ao seu número e clasificación.

O estudo e clasificación dos sentidos lévase cabo por moitas ciencias, sobre todo as neurociencias, a psicoloxía cognitiva e a filosofía da percepción.


Curiosidades sobre os sentidos:
  • A cenoria axuda a ver na escuridade, porque ten vitamina A.
  • Cada ollo ten 6 músculos para mover o globo ocular.
  • A sensación de "destaponar" os oídos débese á trompa de Eustaquio, para equilibrar a presión do aire no oído medio.
  • Os nenos teñen o oído máis sensible que os adultos.
  • O cerebro pode habituarse aos olores, mesmo aos máis horribles. Simplemente desconecta e cesan de percibirse.
  • O noso olfacto faise máis débil á medida que envellecemos.
  • As papilas gustativas funcionan só cando a saliva disolve as substancias do alimento e pasa sobre as papilas.
  • Os bebés nacen con papilas gustativas por toda a boca. Desaparecen gradualmente, quedando reducida unicamente á lingua. As papilas están máis concentradas nos fíos da lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario