SLIDER

martes, 25 de febrero de 2014

O Daltonismo

O daltonismo é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e overmello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
CURIOSIDADES:

  • Os daltónicos posúen unha visión nocturna superior á dunha persoa con visión normal.
  • Os daltónicos son capaces de identificar máis tons de violeta cas persoas de visión normal.
  • A maioría dos daltónicos non sabe que posúe esta anomalía.
  • A percepción das cores varía moito dunha persoa con daltonismo a outra.
  • O pintor Vincent van Gogh sufría de daltonismo.
  • A incidencia de daltonismo é maior entre os descendentes de europeos.
  • Normalmente as cores predilectas desta alteración xenética son o azul e o vermello, por seren cores vivas.
  • Para os daltónicos o arco da vella non posúe 7 cores.

Esta imaxe é o chamado Test de Ishihara; o cal serve para detectar si eres ou non Daltónico. Si ves o número 42, non eres Daltónico.
Se picas na Imaxe poderás acceder a máis imaxes que serven como test.


No hay comentarios:

Publicar un comentario