SLIDER

miércoles, 20 de noviembre de 2013

As pedras reptantes do Val da Morte


É un dos misterios naturais máis famosos e máis estraños. En Racetrack Playa, no Val da Morte, unha longa extensión de lamas en California (EUA), as pedras de distintos tamaños, algunhas tan grandes como un ser humano, móvense soas
Ninguén viu realmente como se moven, pero as rochas deixan un rastro de movemento, coma se tivesen reptado polo chan cara a calquera parte, sen patrón ningún. Isto suscitou as explicacións máis disparatadas, dende poderosos campos de enerxía a intervencións alienígenas.

Ralph Lorenz, científico planetario da Universidade de Johns Hopkins, que traballou nunha rede de estacións meteorolóxicas para a NASA no lugar, cre que é o xeo o que fai que as pedras se movan

Tras levar a cabo un experimento cun simple tupper, unha pedra e un frigorífico, Lorenz chegou á conclusión de que arredor das rochas se forma unha capa de xeo flotante cunha especie de quilla que cava un sendeiro no barro. Nese escenario, o xeo non produce ningunha fricción na auga, polo que as pedras son capaces de deslizarse con só unha lixeira brisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario