SLIDER

jueves, 28 de noviembre de 2013

Un dispositivo Galego permite medir a contaminación a través do mofo



Unha empresa compostelá e a Universidade de Santiago desenvolven a nova ferramenta no proxecto europeo MossClone.
O denominado proxecto MossClone conta cun financiamento de 3,5 millóns de euros a través do Programa Ecoinnovación do VII Programa Marco da UE, e desenvólveo un consorcio interdisciplinar de expertos de grupos punteiros de investigación e pemes de seis países: Alemaña, España, Francia, Irlanda e Italia. A empresa Biovía Consultor Ambiental achega a súa experiencia na comercialización deste tipo de ferramentas ambientais innovadoras.

A saída ao mercado deste novo dispositivo de medida permitirá a obtención dunha ferramenta ambiental harmonizada para establecer criterios comúns de avaliación da calidade do aire ambiente, segundo as Directivas Europeas actuais e futuras. 

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) a contaminación atmosférica constitúe un risco ambiental para a saúde e estímase que causa ao redor de dous millóns de mortes prematuras ao ano en todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario